InicioSen categoríaA pesca do peixe espada, unha loita contra o "gladiador" do mar

A pesca do peixe espada, unha loita contra o “gladiador” do mar

Esta especie mariña é un dos grandes depredadores da cadea trófica no mar. Non obstante, o coñecemento sobre o espada non está moi estendido mesmo dentro dos países que máis o consumen e por outra parte, aínda que hai alertas de sobreexplotación en lugares como o Mediterráneo e o Atlántico Norte.

Publicada o

- Advertisement -

A especie Xiphias Gladius, peixe espada e tamén emperador (aínda que esta é realmente outra especie) é un dos produtos mariños con maior atractivo no mercado. Parte do seu éxito está en non ter espiñas, ser doado de preparar e ter un sabor parecido ao da carne de animal terrestre. Esta especie mariña é un dos grandes depredadores da cadea trófica no mar. Non obstante, o coñecemento sobre o espada non está moi estendido mesmo dentro dos países que máis o consumen e por outra parte, aínda que hai alertas de sobreexplotación en lugares como o Mediterráneo e o Atlántico Norte, “todas as capturas fanse logo de estudos da situación desta especie realizadas por organismos científicos e da UEafirman armadores galegos.

A arte de pesca usada para a captura do espada é “o palangre, neste caso do palangre de superficie, é unha das artes máis sustentables que hai”. Captúranse os exemplares peza a peza e cada vez é máis selectivo, polo que non debería cambiarse por outra arte”, sinalan da Organización de Palangreiros de A Guarda (ORPAGU). O feito de sinalar que esta arte de pesca é cada vez máis selectiva débese aos cambios introducidos nos anzós, pois os que se viñan usando ata hai pouco recollían accidentalmente especies como tartarugas ou marraxos. De aí que grupos ecoloxistas favorables ao palangre pidan cambios nos deseños dos anzós.

Para ler máis, Galicia Confidencial.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...