InicioOrientalTrabadaTrabada xa ten o su museo etnográfico para non esquecer o patrimonio...

Trabada xa ten o su museo etnográfico para non esquecer o patrimonio da Mariña

O protagonista do día foi o doante da colección, José Rocha, sen cuxa doación sería imposible este museo.

Publicada o

- Advertisement -

Trabada xa ten o seu centro etnográfico. Levará o nome de José Rocha, o seu doante, será público e de carácter municipal e nace coa misión de conservar e difundir o patrimonio material e inmaterial de carácter etnográfico do Concello de Trabada e tamén da comarca da Mariña, enmarcada no Camiño Norte de Santiago.

Os tres próximos días, desde mañá e ata o luns, serán xornadas de portas abertas, para que todas aquelas persoas interesadas teñan a posibilidade de visitar o centro en horario de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

Este museo é froito de seis anos moi intensos de traballo e xestións por parte da alcaldesa, Mayra García Bermúdez, e o conxunto do grupo de goberno local. Ao acto de inauguración asistiron o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca; o fillo predilecto D. Uxío García Amor; Celso Currás López, en representación de seu pai, ex alcalde e fillo adoptivo a título póstumo; Pepe Barro, o deseñador deste centro, que se encargou de liderar o proxecto de musealización, e o protagonista deste día, o doante da colección, José Rocha.

AGRADECEMENTOS A JOSÉ ROCHA

“Quero comezar a miña intervención cunha soa frase, sincera rotunda e chea de recoñecemento. Grazas José Rocha, grazas por este agasallo que nos entregas hoxe, o Centro Etnográfico é unha realidade polo teu compromiso con este pobo e pola túa infinita e eterna xenerosidade; dende hoxe todo o pobo de Trabada estamos en débeda contigo”, afirmou no acto a alcaldesa de Trabada.

Así, lembrou que, no 2015, cando chegou á alcaldía, Rocha anuncioulle que quería doar as súas pezas ao concello. “Eu non daba crédito porque o concepto de ceder pasou á historia, agora podemos falar de ‘cómprame’ ou ‘exprópiame’, pero non de doazóns como tal”, explicou ao lembrar as trabas que tivo despois de presentar este mesmo proxecto ata en tres ocasións.

As obras consistiron na rehabilitación integral das antigas escolas de Trabada e tamén a antiga casa do mestre. Posteriormente, a Deputación de Lugo financiou no 2019 a urbanización da praza, coa que se levou a cabo a integración do espazo, un lugar aberto onde gaña protagonismo o centro etnográfico.

“Ese mesmo ano tamén solicitamos unha axuda á Xunta, a Turismo, para facer o equipamento do museo, pero esta axuda foi denegada e tivemos que agardar ata o ano 2020, no que por segunda vez solicitamos axuda á Xunta, desta vez a Cultura e foinos aprobada, co cal aínda que con retraso puidemos avanzar un pouquiño máis neste proxecto”, apuntou.

ÚLTIMAS

Seis anos de cadea para un veciño do Valadouro por agresión sexual a unha moza

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos de prisión a un mozo,...

OPP Burela organiza unha nova xornada sobre a obriga de desembarque e valorización

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou na mañá do xoves...

Ribadeo prende as luces de Nadal este 1 de decembro

O Nadal da comezo mañá, 1 de decembro, en Ribadeo co acendido do alumeado....

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...