InicioCentralLourenzáA homenaxe en Lourenzá á pintora Julia Minguillón, cualificada como "un éxito"

A homenaxe en Lourenzá á pintora Julia Minguillón, cualificada como “un éxito”

O obxectivo desta actividade era poñer en valor e dar a coñecer a obra de Julia Minguillón, que é moi extensa e moita dela está centrada en Lourenzá.

Publicada o

- Advertisement -

A xornada dedicada á pintora Julia Minguillón, organizada polo Concello de Lourenzá e a asociación Patrimonio Laurentino, congregou a numeroso público no claustro de San Francisco este pasado sábado 28 de agosto.

As relatoras foron a directora do Museo Provincial de Lugo, a museóloga Aurelia Balseiro García, e María Fidalgo Casares, que é doutora en Historia da Arte e membro da Academia Andaluza de Historia. Tamén interveu a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, quen posteriormente fixo balance da xornada e amosouse moi satisfeita: “foi un éxito, asistiu moita xente e quedaron encantados”.

Como explicaron os organizadores, o obxectivo desta actividade era poñer en valor e dar a coñecer a obra de Julia Minguillón, que é moi extensa e moita dela está centrada en Lourenzá. Fíxose agora porque se cumpren 80 anos do Premio Nacional de Belas Artes concedido a Julia Minguillón polo seu cadro sobre a Escola de Doloriñas, do barrio de Villapol, pertencente ao concello de Lourenzá.

Julia Minguillón naceu en Lugo, pasou a súa infancia en Lourenzá, onde seu pai exercía de boticario, ata a súa adolescencia, cando foi estudar a Valladolid e Burgos, pero a súa familia continuou residindo en Vilanova e ela visitábaos a miúdo. Cando sucedeu a Guerra Civil regresou a Lourenzá, onde viviu uns anos e pintou varias obras, como A escola de Doloriñas, cadro que participou en exposicións internacionais moi importantes: en Berlín, Venecia, Río de Janeiro, … Esta obra pertence actualmente ao Reina Sofía, pero está cedido ao Museo Provincial de Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...