InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro pide á cidadanía sumarse á manifestación do sábado...

O Concello de Viveiro pide á cidadanía sumarse á manifestación do sábado contra o peche de Vestas

O Concello de Viveiro recorda que non se pode permitir que unha empresa que ten beneficios, que é produtiva e que recoñece o traballo dos seus empregados e empregados da planta de Viveiro, que son un exemplo para todas as plantas que a empresa ten no resto do mundo, anuncie o seu peche.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro nun comunicado, anima a todos os veciños e veciñas do municipio e da comarca a apoiar a manifestación que os traballadores/as de Vestas levarán a cabo o sábado 2 de outubro, ás 12:00 horas, saíndo da Rotonda da Misericordia ata chegar á Praza do Concello.

O goberno local recorda que “a comarca da Mariña leva moito tempo asistindo a un grave desmantelamento industrial, coa conseguinte perda de emprego e de proxectos de futuro”. Polo tanto, “faise necesaria a mobilización e implicación de todos e todas para lograr que a empresa reconsidere a súa decisión de peche ou, no seu caso, que se busquen solucións alternativas”.

O Concello de Viveiro finaliza o seu chamado recordando “que non se pode permitir que unha empresa que ten beneficios, que é produtiva e que recoñece o traballo dos seus empregados e empregadas da planta de Viveiro, que son un exemplo para todas as plantas que a empresa ten no resto do mundo, anuncie o seu peche”.

Polo que se fai necesario que as administracións, tanto a Xunta de Galicia, en materia do ERE e de industria, como o Ministerio de Industria, fagan todo o posible para evitar o peche desta empresa e que isto non sexa outro sume e segue á grave á situación que estamos a vivir coa multinacional Alcoa e á desindustrialización que estamos a sufrir nos últimos anos.

O peche de Vestas afectaría a un total de 115 empregos directos e suporía un agravamento da situación da industria e do emprego non só na Mariña, senón tamén en moitos concellos próximos da comarca de Ortegal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...