InicioOccidentalViveiroA San Silvestre de Viveiro volve o día 31 de decembro para...

A San Silvestre de Viveiro volve o día 31 de decembro para nenos e adultos

É unha proba non competitiva, na que se deberán respectar todas as medidas e protocolos Covid-19, e será unha carreira solidaria coa Asociación Protectora de animais Gadoupas Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acolleu hoxe a presentación da Carreira San Silvestre 2021, que se celebrará o venres 31 de decembro, saíndo as 16:00 horas os nenos e ás 17:00 horas os adultos dende a praza Maior.

A carreira está organizada polo Concello de Viveiro e o CD Egovarros. Na presentación estiveron a alcaldesa, María Loureiro, o concelleiro de Deportes, César Iglesias, e representantes do CD Egovarros e da Asociación Gadoupas.

A carreira de nenos consistirá nun percorrido arredor do casco histórico e, no caso de adultos, terá unha duración aproximada de catro quilómetros e o percorrido será polo paseo marítimo (ida e volta).

É unha proba non competitiva, na que se deberán respectar todas as medidas e protocolos Covid-19, e será unha carreira solidaria coa Asociación Protectora de animais Gadoupas Viveiro. Recolleranse donativos en metálico e comida para os animais.

“Con prudencia e responsabilidade, recuperamos esta carreira para pechar o ano da mellor maneira posible, cunha actividade deportiva e ao mesmo tempo solidaria”, afirmou María Loureiro

A Asociación Gadoupas quere tamén facer constar o seu agradecemento por contar con eles para este evento, indicando que non están pasando por un bo momento na asociación e que toda axuda lles vén moi ben.

Piden aos veciños e veciñas que sexan responsables no nadal regalando animais, “que en moitas ocasións acaban sendo recollidos no verán polas propias protectoras”, explicou Esperanza Fresneda, tesoreira da asociación, que estivo na presentación da carreira.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...