Un incendio que se declarou nun piso dun inmoble situado na rúa Andrés López Palmeiro, no Valadouro, deixou importantes danos na vivenda. Neste caso ningunha persoa resultou ferida.
Concretamente, o lume afectou ao primeiro piso do edificio, que ardeu por completo. Ademais, as chamas provocaron danos no faiado do inmoble.
Os feitos sucederon uns minutos despois das 13,00 horas. A esa hora, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar de que vía saír lume e fume pola xanela dun piso. Foron avisados Bombeiros de Barreiros, GES de Cervo, Garda Civil e Protección Civil.