InicioEconomíaO Porto de Ferrol-San Cibrao, o que máis crece de Galicia este...

O Porto de Ferrol-San Cibrao, o que máis crece de Galicia este ano

O tráfico de mercadorías aumentou un 15,68%.

Publicada o

Os cinco portos galegos de titularidade estatal rexistraron un aumento do 5,01% no volume de tráfico de mercadorías durante os primeiros catro meses do ano en comparación coas cifras de 2021. Así se desprende dos datos facilitados este mércores por Portos do Estado, que reflicte un balance positivo de 524.165 toneladas durante os primeiros catro primeiros meses de 2022 na Coruña, Ferrol-San Cibrao, Marín-Pontevedra, Vigo e Vilagarcía. O incremento dos portos galegos é inferior á media do Estado, que supera os 185,2 millóns de toneladas no primeiro cuadrimestre do ano cun crecemento do 5,9% respecto ao ano anterior. En Galicia, Marín-Pontevedra e Vigo rexistran datos negativos ao peche do primeiro cuadrimestre, cun descenso do 8,99% e o 3,09%, respectivamente. No lado oposto sitúanse Ferrol-San Cibrao, onde o volume de mercadorías disparouse ata abril un 15,68%, e Vilagarcía de Arousa, cun aumento do 13,78%; mentres que o da Coruña acumula un balance positivo do 8,6%.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...