Ribadeo recupera o seu tradicional festival de bandas de música, que non se celebrou estes dous anos anteriores debido á pandemia. Organizado pola asociación Amadores da Música, celebrarase o día 20 deste mes, sábado, coas actuacións da Banda Municipal de Música de Meira e a ribadense.
O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester, destacou que esta cita chega logo de dous anos de parón pola pandemia. “E recuperámolo coa Banda Municipal de Música de Meira máis a Banda Municipal de Música de Ribadeo“, sinalou.
Os concertos terán lugar no auditorio Hernán Naval ás 20 horas, pero previamente, ás sete e media da tarde, tanto a Banda de Meira coo a de Ribade realizarán un pasarúas dende o Teatro ata o Campo de San Francisco “para ir xa animando un pouco á xente a que se achegue ao auditorio e que disfruten da música de banda, que é do que se trata”.