InicioOrientalRibadeoO BNG de Ribadeo reclama servizos sanitarios públicos de calidade para toda...

O BNG de Ribadeo reclama servizos sanitarios públicos de calidade para toda a Mariña

Colocarán unha mesa para recoller sinaturas para a ILP en defensa da Atención Primaria diante do centro de saúde ribadense.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Ribadeo denuncia que a situación da sanidade pública tanto no Concello como no resto da Mariña “é calamitosa”. Ante esta situación, apuntan que “son moitas as persoas que demandan máis protestas” en referencia á concentración do 4 de agosto pasado diante do Centro de Saúde da vila.

Durante este verán en Ribadeo, sinalan, “houbo un momento en que no PAC había un médico para atender toda a área, que comprende tamén os concellos de Barreiros e Trabada, e os deprazados”. 

Lembran tamén que as médicas de familia, “de 7 estiveron traballando moitos días só 2 e outras veces, 3 ou 4”. Engaden tamén que as “baixas médicas xa hai moito tempo que non se cubren; e as vacacións, tampouco. Tamén xa hai anos que non existe o reforzo no verán para as persoas desprazadas”.

Sinalan tamén que esta situación non é só de saúde senón que tamén é unha situación de índole laboral. Sen a atención sanitaria debida, moitas persoas pasan máis tempo do debido en situación de baixa laboral. Isto tradúcese nunha merma económica para esas persoas e un gasto para a Seguridade Social.

No comunicado que enviaron aos medios, os nacionalistas demanda a mellora da situación laboral de traballadores e traballadoras da sanidade. Piden máis formación, a non extensión do horario laboral máis alá das horas estipuladas e incrementar o cadro de persoal.

Por ultimo, convocaron para o día 27 deste mes unha mesa para a recollida de sinaturas a prol da Iniciativa Lexislativa Popular en defensa da Atención Primaria e da súa mellora. Será diante do centro de saúde ribadense.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...