InicioOrientalRibadeoRibadeo abre unha oportunidade para mulleres desempregadas cun programa de formación informática

Ribadeo abre unha oportunidade para mulleres desempregadas cun programa de formación informática

A formación é totalmente gratuíta e dará comezo o día 17 de outubro, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres. Impartirase na Casa do Concello.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo, a través da Área de Desenvolvemento Local, colabora na posta en marcha do programa de dixitalización para mulleres Galegas Dixitais.

Está dirixido a mulleres desempregadas ou en situación de mellora de emprego, e ten por obxectivo mellorar as capacidades dixitais das mulleres residentes en zonas rurais, de cara a incrementar o seu nivel de empregabilidade e impulsar o emprendemento, así como reducir a fenda de xénero existente no acceso ao emprego e ás novas tecnoloxías.

O programa ofrece un itinerario formativo deseñado para ir avanzando dende o nivel máis básico ao máis elevado. Está formado polos seguintes bloques, de 40 horas cada un:

-Competencias dixitais básicas

-Competencias dixitais avanzadas

-Competencias dixitais para o emprendemento

A formación é totalmente gratuíta e dará comezo o día 17 de outubro, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres. Impartirase na Casa do Concello.

As persoas interesadas en participar poden poñerse en contacto co Servizo de Orientación Laboral do Concello de Ribadeo a través do teléfono 982 128 650, por WhatssApp no 698 19 75 18, ou a través da páxina do programa: www.galegasdixitais.es

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...