InicioOccidentalCervoA escola infantil municipal de Cervo comeza o curso con vinte e...

A escola infantil municipal de Cervo comeza o curso con vinte e seis matriculacións

O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, estiveron compartindo esta mañá un anaco cos nenos e nenas e co persoal docente do centro, “xestionado dun xeito público, e con recursos municipais, no que prestan os seus servizos e coidan dos nenos, 8 educadores/as, en horario de mañá e tarde”.

Publicada o

- Advertisement -

A Escola Infantil Municipal do Concello de Cervo iniciou o novo curso escolar con 26 matriculacións (4 pequenos e pequenas de 0 a 1 ano, 14 de 1 a 2 e 8 de 2 a 3 anos).

O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, estiveron compartindo esta mañá un anaco cos nenos e nenas e co persoal docente do centro, “xestionado dun xeito público, e con recursos municipais, no que prestan os seus servizos e coidan dos nenos, 8 educadores/as, en horario de mañá e tarde”.

O rexedor recordou que nestes últimos anos “destinamos unha gran cantidade de recursos municipais a esta instalación “co obxectivo de prestar un servizo público nas mellores condicións, e tamén para poder cubrir ao 100% a demanda crecente das familias cervenses, aspecto ao que se deu resposta coa creación dunha nova aula, incrementando a capacidade do centro en 15 prazas, conseguindo así que ningún pequeno ou pequena quede sen a súa praza nesta instalación municipal que non ten lista de espera”.

Caramés recordou que para favorecer o máximo posible a conciliación familiar, o servizo está operativo todos os meses do ano -incluído agosto-, “desde o departamento de educación e coordinación co persoal do centro, logramos manter as instalacións ao servizo das familias durante todo o ano, facendo un esforzo a nivel organizativo para ofrecer o mellor servizo á nosa veciñanza”.

A matrícula da Escola Infantil permanecerá aberta ata completar o número de prazas.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...