InicioCentralBurelaA concellería de Muller de Burela retoma a obra "Lara Hierro" na...

A concellería de Muller de Burela retoma a obra “Lara Hierro” na Casa da Cultura

"Lara Hierro" é unha chamada ao recoñecemento dos sentimentos de frustación, parálise e esgotamento provocados pola pandemia e a precariedade inherente á súa xeración.

Publicada o

- Advertisement -

A Delegación de Muller e Igualdade do Concello de Burela recupera o próximo venres 28 de outubro na Casa da Cultura a obra “Lara Hierro” ás 21 horas, con Clara Ferrao, Constance Hurlé e Esperanza Mara.

Un espectáculo multidisciplinar protagonizado por tres mulleres da xeración millenial, que fora adiado no mes de abril e agora volve programarse con nova data. Soma pon o movemento, Psique a voz e Pneuma a música para falar da fráxil situación do sector cultural e da crise emocional, social e medioambiental que estamos vivindo.

“Lara Hierro” é unha chamada ao recoñecemento dos sentimentos de frustación, parálise e esgotamento provocados pola pandemia e a precariedade inherente á súa xeración. Trátase dun espectáculo de carácter poliédrico dirixido a un público adulto onde as ferramentas a través das que falamos son a danza, a palabra, a música e a imaxe audiovisual.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...