InicioOrientalRibadeoProfesores turcos en APAGA Ribadeo dentro do programa de mobilidade Erasmus +

Profesores turcos en APAGA Ribadeo dentro do programa de mobilidade Erasmus +

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, dixo que “a fin de semana aproveitarémola para ensinarlles as potencialidades turísticas da Mariña. O luns visitarán Astilleros Gondán, en Asturias, e Hermanos Rega e Hijos de Ramón Rubal, ambas en Alfoz. Tamén pasarán por Finca Galea”.

Publicada o

- Advertisement -

Apaga retomou as mobilidades europeas de alumnado e profesorado desde agora e ata finais de ano, segundo deu a coñecer o presidente da asociación, Álvaro Doural. Dous alumnos realizan prácticas en Portugal e un en Croacia. E ademais esta semana chegaron á Mariña dous docentes turcos que visitarán empresas e centros de ensino tanto en Galicia como en Asturias.

Doural explicou que “estes profesores chegaron hai un par de días. O seu paso por aquí está centrado na visita a centros educativos e a empresas do sector. Xa pasaron por Otelec, que se dedica á electricidade e está no polígono industrial de San Cosme de Barreiros”.

O presidente de Apaga dixo que “a fin de semana aproveitarémola para ensinarlles as potencialidades turísticas da Mariña. O luns visitarán Astilleros Gondán, en Asturias, e Hermanos Rega e Hijos de Ramón Rubal, ambas en Alfoz. Tamén pasarán por Finca Galea”.

Álvaro Doural engadiu que “o centro do que veñen estes profesores é socio noso desde hai moitos anos e entón imos intentar volcarnos todo o posible. Levan colaborado con nosoutros desde hai anos e precisamente vamos iniciar con eles un proxecto novo, de innovación, no 2023”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...