InicioCentralAlfozObradoiro "Muller e Saúde" en Alfoz centrado nos cambios evolutivos e a...

Obradoiro “Muller e Saúde” en Alfoz centrado nos cambios evolutivos e a prevención de enfermidades

Ofreceuse recomendacións adecuadas para promover a súa saúde física e emocional e para manter uns hábitos de vida saudables.

Publicada o

- Advertisement -

O Centro sociocultural de Alfoz acolleu o venres 21 de decembro o obradoiro “Muller e saúde”, organizado en colaboración coa Escola galega de saúde e impartido por Cristina Ouro Núñez, matrona do Hospital Universitario Lucus Augusti.

Durante a sesión facilitou información sobre os cambios evolutivos na muller e sobre estratexias imprescindibles para previr enfermidades propias do colectivo feminino.

Por unha parte, ofreceu recomendacións adecuadas para promover a súa saúde física e emocional e para manter uns hábitos de vida saudables (especialmente ter unha alimentación equilibrada e realizar exercicio físico de forma regular).

Por outra, incidiu na importancia de realizar os controis periódicos de saúde que se recomendan segundo a súa idade, algo que resulta fundamental para a detección precoz de enfermidades (revisións xinecolóxicas, cribado de cancro de mama, etc.).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...