InicioEconomíaA ministra Maroto reúnese con alcaldes socialistas da Mariña para revisar os...

A ministra Maroto reúnese con alcaldes socialistas da Mariña para revisar os investimentos que reactivarán Alcoa

Reyes Maroto repasou cos alcaldes o compromiso acadado pola dirección de Alcoa cos traballadores para investir 105 millóns de euros na modernización das súas instalacións

Publicada o

- Advertisement -

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, mantivo este venres nas Pontes un encontro de carácter político con varios alcaldes socialistas da comarca da Mariña luguesa para analizar as decisións e os investimentos levados a cabo polo goberno de España e o grupo Alcoa para a reactivación da planta de aluminio de San Cibrao.

Durante o encontro, que tivo lugar na sede do PSOE das Pontes, Reyes Maroto repasou cos alcaldes o compromiso acadado pola dirección de Alcoa cos traballadores para investir 105 millóns de euros na modernización das súas instalacións. Do mesmo xeito, valoraron os pasos dados para facer viable o futuro da planta de produción de aluminio, que pasaba por chegar a acordos coas compañías enerxéticas para asinar contratos de subministro a prezos estables.

Unha vez que Alcoa comezou a executar os investimentos comprometidos e que asinou os contratados con tres empresas, a preocupación estriba agora na autorización administrativas dos parques eólicos que se encargará do subministro enerxético do complexo de San Cibrao, una tarefa que depende única e exclusivamente da Xunta.

Varios alcaldes amosaron durante o encontro a súa preocupación polo atraso na tramitación dos parques, e expresaron o seu temor de que a prolongue o seu peche debido á burocracia e aos papeleos que dependen de varios departamentos da Xunta.

Outros dos aspectos dos que dou conta a ministra de Industria foi a concesión dunha subvención de 30 millóns de euros a Alcoa para levar a cabo a compra de dereitos de emisión de CO2 que precisa para a súa reapertura. Insistiu Reyes Maroto en que a compañía ten todo o apoio do goberno de España e animouna a sumarse ás peticións do PERTE para a descarbonización que se aprobará en breve.

No encontro de carácter político que tivo lugar nas Pontes participaron, ademais do secretario xeral do PSdeG e alcalde pontés, Valentín González Formoso, o secretario provincial do PSOE de Lugo, José Tomé, e os rexedores de Foz, Alfoz, Ourol, Valadouro, Viveiro, Lourenzá, A Pontenova ou Trabada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...