Viveiro celebrara este sábado o nomeamento de Adrián Ben como Fillo Predilecto

“É un rapaz humilde e traballador que leva o nome deste municipio por todo o mundo”, suliña sempre que recorda a súa figura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Adrián Ben celebra a clasificación para semifinais. EFE/EPA/SRDJAN SUKI

O Concello de Viveiro acolle mañá sábado, 29 de outubro, o nomeamento do atleta Adrián Ben como Fillo Predilecto da vila nun acto que se celebrará ás 12.00 horas no teatro Pastor Díaz.

O goberno municipal convida a todos os veciños e veciñas a sumarse a este recoñecemento que pon en valor a figura dun atleta de categoría internacional.

“É un rapaz humilde e traballador que leva o nome deste municipio por todo o mundo”, suliña sempre que recorda a súa figura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Adrián Ben recibirá o cariño dos seus nunha cita na que se destacarán os valores humanos e profesionais dunha das grandes figuras do atletismo español, como o demostra o seu sexto posto no Mundial de Doha en 2019 e a histórica quinta praza que acadou nos Xogos Olímpicos de Tokio en 2021 na modalidade de 800 metros lisos.

O nomeamento de Adrián Ben como Fillo Predilecto coincidirá coa VI edición da Carreira Popular Concello de Viveiro #todosconAdry enmarcada no circuíto Tour Mariña. A proba contará con competicións e distancias para todas as idades e a liña de saída e de meta estarán situadas na Praza Maior.

O primeira saída será ás 17.00 horas para a categoría de Pitufos (2015 e posteriores) que cubrirán unha distancia de 200 metros, mentres que ás 17:05 será a quenda dos sub10 (2013 e 2014) que correrán 675 metros. Ás 17:15 comezarán os sub12 (2011 e 2012) con 1.325 metros por diante e ás 17:25 os sub14 e os sub16 (2007 a 2010) que cubrirán 1.975 m. As probas das categorías menores discorrerán pola Travesía da Mariña, no centro de Viveiro, cun percorrido de ida e volta.

Pola súa banda, os participantes na categoría absoluta (nados a partir de 2006) sairán ás 17:50 horas dende a Porta de Carlos V para completar os cinco quilómetros do circuíto.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here