InicioOrientalTrabadaAs obras de rehabilitación na escola de Trabadela avanzan segundo o previsto,...

As obras de rehabilitación na escola de Trabadela avanzan segundo o previsto, di o Concello de Trabada

O proxecto abarca a remodelación da primeira planta do inmoble para dotalo de mellores condicións de habitabilidade.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, e as concelleiras Julia Barcia Fernández e Suevia Reimonde Gasalla supervisaron as obras de rehabilitación da primeira planta da casa escola de Trabadela, un inmoble de titularidade municipal.

Na súa visita puideron comprobar que a renovación marcha a moi bo ritmo.

O proxecto abarca a remodelación da primeira planta do inmoble para dotalo de mellores condicións de habitabilidade, mediante o redimensionado da zona de día composta por salón-comedor-cociña e do baño, mentres que se manteñen os tres dormitorios existentes.

O orzamento das obras de reforma é de 40.255,95€ euros e a subvención que acadou o Concello de Trabada é de 25.937,48 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...