InicioOccidentalViveiroDeputación de Lugo e Concello de Viveiro afirman ter cumprido coas obrigas...

Deputación de Lugo e Concello de Viveiro afirman ter cumprido coas obrigas para as obras en Xunqueira sen noticias da Xunta

A voceira socialista do Goberno e a Alcaldesa ratificaron hoxe nunha reunión en Santiago con Augas de Galicia o compromiso da entidade provincial e local co proxecto, ademais de constatar a demora da Administración autonómica na elaboración e aprobación do mesmo.

Publicada o

- Advertisement -

A voceira socialista do Goberno e a Alcaldesa ratificaron hoxe nunha reunión en Santiago con Augas de Galicia o compromiso da entidade provincial e local co proxecto, ademais de constatar a demora da Administración autonómica na elaboración e aprobación do mesmo

A voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este mércores en Santiago xunto coa Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, na reunión da comisión de seguimento do convenio de colaboración asinado pola institución provincial, o Concello e Augas de Galicia, dependente da Consellería de Infraestruturas, para financiar a redacción do proxecto técnico que servirá de base para o acondicionamento do río Fontecoba, no barrio de Xunqueira, co fin de reducir os riscos de inundacións.

No encontro, a Deputada e a rexedora ratificaron o compromiso total da Deputación e a entidade local co proxecto. De feito, ambas entidades cumpriron coas obrigas económicas que lles corresponden no marco do convenio, que ascenden a un total de 23.000€ por cada administración.

Ao mesmo tempo, García Porto e Loureiro expresaron a súa preocupación polo retraso de tres anos que acumula a Administración autonómica na redacción e aprobación do proxecto, un procedemento que é responsabilidade da Xunta de Galicia segundo establece o convenio asinado.

Desta forma, unha vez firmado o acordo en xullo do ano 2020, a Consellería de Infraestruturas non formalizou o contrato de servizo para a redacción do proxecto construtivo ata case un ano despois, o 10 de xuño de 2021, e logo solicitou varias ampliacións de prazo.

A XUNTA PIDE UNHA PRÓRROGA

Na reunión de hoxe, Augas de Galicia pediu unha nova prórroga de seis meses, que a Deputación e o Concello decidiron conceder, “poñendo por riba de todo os dereitos e os intereses” dos veciños e veciñas. “Agardamos que sexa a última e que antes de que remate o prazo máximo, de 6 meses contados a partir do día 31 de decembro, o proxecto, que segundo nos dixeron hoxe atópase en fase de revisión, estea listo”.

O proxecto contemplará un conxunto de actuacións que pasan, entre outras, polo aumento e naturalización do leito do río, construción dunha pasarela de acceso alternativa, reforzar as cimentacións que foron danadas, ampliación das de dúas pontes, fonte, eliminación de edificios e ruínas pegadas ao leito do río e reubicación do lavadoiro.

A voceira socialista do Goberno subliña que o apoio económico a estas actuacións responde ao compromiso da Deputación de Lugo coa lealdade institucional e coa colaboración entre administracións públicas para sacar adiante actuacións en beneficio dos veciños e veciñas, “sobre todo cando estamos falando de seguridade, e ata da vida das persoas”.

Ademais desta colaboración, a Deputación financiou cun investimento de 113.000€ a redacción do proxecto e a execución das obras para arranxar as graves deficiencias que provocou a riada do 2018 no cemiterio municipal de Altamira.

Ademais da reparación estrutural da parede, que presentaba problemas de asentamento na esquina situada contra o apeadoiro de tren na Ponte Labrada, renovouse un tramo de recollida de pluviais deteriorado e humanizouse a parte interior do recinto nesta parte sur con beirarrúas e a instalación dunha varanda.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...