InicioOccidentalViveiroOPINIÓN: Sen ordenanzas nin vontade, o botellón seguirá no casco

OPINIÓN: Sen ordenanzas nin vontade, o botellón seguirá no casco

Veciños do casco antigo de Viveiro reclaman solucións para o ruído durante as fins de semana pola noite.

Publicada o

- Advertisement -

Asociación de Veciños Casco Antigo de Viveiro

En primeiro lugar, dicir que lamentamos enormemente que exista maior premura e interese por parte da Alcaldesa de Viveiro en respostar ás demandas da Asociación de Veciños do Casco Antigo a través dos medios de comunicación, en vez de facelo polo cauce habitual para responder os escritos presentados en rexistro municipal.

Na actualidade aínda estamos á espera de resposta de moitos dos documentos presentados con motivo do tema en cuestión, así como doutras solicitudes e demandas que tamén afectan á veciñanza do casco antigo.

Puntualizar que na última solicitude nin estamos a pedir maior presencia policial nin máis reunións, as demandas exactas son:

1. Que se controle a zona indicada e se faga cumprir a lei en canto a ruídos e ao consumo de bebidas alcohólicas e outras substancias nas vías públicas do casco.

2. Que alomenos retiren o banco de pedra sito no cruce entre Melitón Cortiñas e Felipe Prieto, para non facilitar o acomodo de xente nesa zona.

3. Que nos contesten ás seguintes preguntas:

a. Para cando a Ordenanza municipal sobre contaminación acústica e ruídos, xa en trámite no ano 2019, para dar cumprimento ao artigo 9 do Decreto 106/2015, de 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia?: Artigo 9. Ordenanzas locais 1. En cumprimento do disposto polo artigo 6 da Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, os concellos de Galicia deberán contar cunha ordenanza sobre contaminación acústica adaptada á normativa básica estatal no prazo máximo dun ano desde a entrada en vigor deste decreto.

b. Para cando a revisión de licencias e a adaptación á normativa actual dos locais de ocio nocturno que incumpren a lei?

c. Que outras medidas van tomar para solucionar esta problemática? Comprendemos perfectamente, e como se nos ten indicado, tanto por parte do corpo policial como da alcaldía, que hai máis zonas que vixiar e que os corpos de seguridade non poden estar vixiando todo o tempo a zona que maior concentración de xente ten durante a noite.

É por iso que solicitamos se nos dea resposta ás cuestións sobre a aprobación e cumprimento da normativa correspondente, sen ordenanzas de ruídos e convivencia a policía non ten as ferramentas precisas para realizar o seu traballo con garantías, e de aí a responsabilidade política da alcaldesa. E aínda que agradecemos a convocatoria dunha nova reunión e iremos en canto se nos convoque, cremos que o expresado pola alcaldesa nos medios non fai máis que perpetuar e agravar a problemática dos veciños.

Entendemos que non ten que ser responsabilidade da veciñanza chamar reiteradamente á policia e estar cada fin de semana sen durmir, como é o caso de Plácido e Camelia e demáis veciños que levan denunciado a situación por diversos cauces e sen ver avances na solución. Dende a Asociación recolleranse sinaturas para participar en pleno de goberno, igual que fixeron os veciños da Misericordia, e ver se dese xeito temos resposta ás nosas demandas co ánimo de mellorar a situación polo ben común.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...