InicioOccidentalCervoCervo será a sede do XIV Campionato de Nadal de Nihon Tai-Jitsu

Cervo será a sede do XIV Campionato de Nadal de Nihon Tai-Jitsu

A cita, que reunirá a competidores de distintas partes de Galicia e Asturias, está organizada polo Departamento de Nihon Tai-jitsu da Federación Galega de Kárate, coa colaboración da administración local.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, acollerá o vindeiro domingo 18 de decembro o XIV Campionato de Nadal de Nihon Tai-jitsu.

O evento foi presentado polo rexedor, Alfonso Villares, polo edil de Deportes, David Rodríguez, e polo presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Tai-jitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo.

Estímase que medio cento de competidores de toda Galicia e distintas partes de Asturias acudirán ao Pavillón municipal da Veiga para disputar a competición, desde a categoría alevín ata a sénior.

A competición engloba as modalidades de Kata e Goshin Shobu, que consisten na realización de técnicas propias do Nihon Tai-jitsu e da defensa persoal.

Desde o Concello convidan aos veciños e visitantes a achegarse durante esta xornada de domingo ata o pavillón da Veiga para desfrutar desta actividade que se enmarca na programación de Nadal do municipio e que busca promover a importancia da actividade física e a competición deportiva.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...