A estación do Penedo do Galo, en Viveiro, rexistra o refacho de vento máis forte do temporal, máis de 140 km/h
Segundo os datos recollidos polas estacións que Meteogalicia ten ao longo da xeografía galega, o refacho de vento máis forte rexistrouse de madrugada na estación do Penedo do Galo, en Viveiro, onde se alcanzaron o 142,7 km/h. Ademais, na Pontenova, rexistráronse ventos de 136,5 km/h.