IniciosociedadeTrabada axudará a conciliar durante as vacacións do Nadal

Trabada axudará a conciliar durante as vacacións do Nadal

Ofrecerá obradoiros de cociña ou proxeccións de películas os días 26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada continúa co programa de conciliación laboral e familiar no Nadal.

O servizo está dirixido a nenos nados entre o 1 de xaneiro de 2006 e o 31 de decembro de 2014. As crianzas deben estar empadroadas en Trabada.

Os participantes poderán desfrutar de actividades de ocio e ocupación do tempo de lecer, en horario de 10.00 a 14.00 horas os días 26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro nas instalacións municipais.

O goberno local trabadense resalta que “para nós é unha prioridade o fomento de programas de conciliación laboral e familiar tamén nesta época do ano, coa finalidade de mellorar a calidade de vida das familias e ao tempo fomentar a creatividade dos máis pequenos con diferentes actividades que se desenvolven neste programa”.

ACTIVIDADES

O programa inclúe talleres de manualidades para elaborar postais de Nadal e murais, obradoiros de cociña e proxeccións de películas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...