Alfredo Llano: “Apoio a manifestación, apoio en xeral á sanidade pública en todos os conceptos”

Di que respalda a protesta do 19 de xaneiro en Burela.

Alfredo Llano. AXM

O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, expresou o seu apoio á manifestación convocada para o 19 de xaneiro neste concello pola Plataforma Sanitaria da Mariña, para protestar polo desmantelamento da atención primaria e hospitalaria da comarca.

Eu apoio a sanidade, a sanidade pública coa que se logrou conseguir unha sanidade pública universal. Eu apoio á sanidade porque é un servizo público e fundamental”, proclamou. Así, sinalou que “agora mesmo hai que estar preocupados” pola situación da Atención Primaria e do Hospital da Costa en Burela.

Así, criticou que “o desprezo que se fixo á comarca e Burela, tanto aos usuarios da sanidade pública e aos profesionais foi sacar a área sanitaria da Mariña”. “Esa é unha cuestión que hai que ter en conta no futuro”, engadiu.

Por iso, chamou a “acordar, mirar, buscar unha forma de que a sanidade pública teña fundamento”. “Non se poden sacar desculpas de que non hai médicos para deixar que se vaia diluíndo. Apoio a manifestación, apoio en xeral á sanidade pública en todos os conceptos e hai que defendelo”, subliñou.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here