O Concello de Cervo denuncia danos intencionados no tendido eléctrico das zonas de Río Covo e Castelo, que foron detectados o pasado martes.
En concreto, cortaron mangueiras das arquetas do alumeado, o que interrompeu o sumistro.
Desde que se ten coñecemento da incidencia, os técnicos municipais traballan no arranxo dos desperfectos, que superan os 3.000 euros.
O goberno local fai un chamamento ao civismo e reproba este tipo de comportamentos que atentan, expón o executivo municipal, contra o ben común e os servizos que se prestan á veciñanza.
INVESTIGACIÓN
O Concello informa de que as forzas de seguridade emprenderon unha investigación para atopar ás persoas responsables.