IniciosociedadeMáis de tres millóns de euros para mellorar a seguridade viaria na...

Máis de tres millóns de euros para mellorar a seguridade viaria na N-642 en Foz

A reforma da intersección da N-642 coa LU-152, implantando para iso novos carrís adicionais para efectuar os xiros, a efectos de mellorar a seguridade viaria cun orzamento de 0,41 millóns.

Publicada o

- Advertisement -
A secretaria de Estado de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, visitou a zona de actuación de mellora da seguridade viaria na N-642 en Foz, que recibirá en total un investimento de 3,56 millóns.
O proxecto que está na actualidade en redacción, segundo informa o ministerio, ten un orzamento de 0,56 millóns, e denomínase ‘Tratamento de interseccións. Mellora de seguridade viaria. Transformación de dúas interseccións en glorietas, N-642, ppkk 39+910 e 40+970’.
Consiste na transformación en glorietas das interseccións existentes situadas nos puntos quilométricos 39+910 e 40+970 da estrada N-642, reposición de marcas viarias e iluminación, revisión e reposición da sinalización vertical, acondicionamento das zonas de circulación peonil, elementos de drenaxe e servizos afectados, ademais da reposición de accesos e outros servizos que resulten afectados polas obras necesarias para dispoñer as novas glorietas.
Na súa visita, Isabel Pardo de Vera estivo acompañada polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; e a subdelegada en Lugo, Isabel Rodríguez.
OUTROS DOUS PROXECTOS EN REDACCIÓN
Durante o transcurso da mesma foron expostos ademais dous proxectos en redacción para a mellora da seguridade viaria na N-642 en Foz. O primeiro é a nova ligazón e novo acceso a Foz desde a N-642, que deberá ser sometido ao trámite de información pública a efectos de expropiacións e o seu orzamento é de 2,59 millóns.
O segundo, a reforma da intersección da N-642 coa LU-152, implantando para iso novos carrís adicionais para efectuar os xiros, a efectos de mellorar a seguridade viaria cun orzamento de 0,41 millóns.
A DEPUTACIÓN
Pola súa banda, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, valorou o investimento total de 3,56 millóns que fará o Goberno na N-642 ao seu paso por Foz.
Neste sentido, chamou a atención sobre o “importante compromiso” que, na súa opinión, demostra o Executivo de Pedro Sánchez coa Mariña.
ALCALDE DE FOZ

Fran Cajoto manifestou: “estamos máis que satisfeitos co resultado do traballo de toda unha lexislatura, que se está comezando a materializar. Teño que agradecer as palabras da Secretaria de Estado Isabel Pardo de Vera, que sempre nos recibiu con gran cordialidade e entendeu como prioritarias para o Ministerio unhas actuacións que van mellorar enormemente a seguridade viaria e a accesibilidade das veciñas e veciños”.

Cajoto sinala que a “construción das rotondas de Cangas é fundamental para a conectividade da Gralleira e Ribela e para eliminar o punto negro no que se converteu o enlace coa estrada a Ferreira no entorno do Centro Social de Cangas”. Respecto a isto, o alcalde destaca as palabras da Secretaria de Estado, que “en próximas datas se publicará a aprobación definitiva despois das alegacións e darán comezo as expropiacións e posterior licitación das obras”.

Outra intersección complicada é o cruce da Corredoira, “especialmente para as veciñas e veciños de Vilaronte, San Martiño, Santa Cilla e San Acisclo, que teñen neste punto o seu acceso natural”. Fran Cajoto agradeceu “o impulso ao acceso Foz Centro, cun investimento prevista de 2,59 millóns de euros e que inclúe un ramal que conectará no cemiterio coa recentemente estreada urbanización da rúa Costa do Castro”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...