A Delegación do Goberno en Galicia abre un paso alternativo na N-642 regulado por semáforos en ambos os dous sentidos.
A circulación neste tramo foi na primeira hora deste luns máis fluída dos esperable, con retencións dun dez minutos ou menos. Fontes da Policía Local de Burela confirmaron a Europa Press que de momento non se rexistraron inconvenientes e que observarán se ao mediodía, entre as 14 e as 15 horas, se producen máis atascos ao ser hora punta.
A propia Delegación subiu un vídeo á súa conta de Twitter para dar a coñecer o novo desvío temporal e regulado por sistemas electrónicos.
🛣️O @mitmagob abre ao tráfico de vehículos un paso alternativo na N-642, en #Burela, regulado por semáforos🚦 pic.twitter.com/OPo6Uxskvj
— Delegación del Gobierno en Galicia (@DelGobGalicia) January 22, 2023