IniciosociedadeA Mancomunidade da Mariña reclama á Xunta unha vía de alta capacidade...

A Mancomunidade da Mariña reclama á Xunta unha vía de alta capacidade e que o Goberno axilice a A-74

Fran Cajoto denunciou que a Xunta ten "abandonada á Mariña, vemos que se avanza nos proxectos da A-74, xa temos definido por onde vai ir, falta por definir o tramo entre San Cibrao e Burela".

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña e alcalde de Foz, Fran Cajoto, reclamou á Xunta de Galicia unha vía de alta capacidade para a comarca e ao Goberno central que apure a A-74 ou autovía da Mariña.

Unhas reivindicacións que fai logo da focha na N-642, en Burela, que ha segue provocando problemas na circulación a pesar de habilitarse un carril regulado por semáforo.

Cajoto apelou a que hai “un tráfico de 11.000 vehículos ao día na Mariña”, que no verán chega a máis de 15.000 e, a partir de 10.000, considérase xa tráfico de autovía.

É por iso que incidiu en que se necesita “esa aposta por unha vía de alta capacidade que vertebre a comarca, aínda que agora mesmo o urxente é darlle tamén unha solución de emerxencia á derriba dese terraplén na N-642″.

URXE SOLUCIÓN TÉCNICA

“Necesitamos que se defina a solución técnica canto antes e concluír con eses traballos” e “impulsar unha vía de gran capacidade” da que teñen “moita necesidade”; pola industria, pola madeira, e porque somos máis de 72.000 persoas vivindo na Mariña. “É de recibo e tócanos”, que se implemente ese corredor de alta velocidade polo goberno galego.

Fran Cajoto denunciou que a Xunta ten “abandonada á Mariña, vemos que se avanza nos proxectos da A-74, xa temos definido por onde vai ir, falta por definir o tramo entre San Cibrao e Burela”.

Fronte a iso, contrapón que o Goberno galego “non trasladou a solución definitiva para Viveiro”. “Non falando do problema parece que non existise e é un gran problema, co Vicedo illado, e a conexión con Ortigueira (A Coruña), que está esquecida; non pode ser que ano tras ano non se invista diñeiro en infraestruturas; hai que profundar nunha maior colaboración entre administracións”, resolveu, finalmente, o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña de Lugo.

Adicionalmente, Cajoto lembrou que a orixe destes problemas “vén dunha decisión política”. “Naquel momento, cando estaba (Manuel) Fraga na Xunta, (a decisión) de derivar a autovía do Cantábrico cara ao interior e quedando toda a franxa da costa sen unha autovía que vertebrase a Mariña“, apostil

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...