IniciosociedadeAberta a circulación nos dous sentidos na N-642 á altura de Burela...

Aberta a circulación nos dous sentidos na N-642 á altura de Burela aínda que as autoridades piden precaución

O ministerio informa de que continúan as obras para a "reparación definitiva" da calzada, que está marcada con sinais horizontais en amarelo e conta con badenes.

Publicada o

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes reabriu este venres a circulación, en dobre sentido, da N-642 ao seu paso por Burela, na comarca da Mariña Lucense, despois de que as fortes choivas de xaneiro provocasen unha rotura da vía e un embalsamento de auga.

Tras liberar de auga a gran focha, procedeuse a indagar a orixe do dano do viario e iniciáronse os traballos de reparación, que aínda conviven coas obras de reparación.

De feito, o Ministerio de Transportes chama a circular con “precaución” pola N-642, despois de que se habilitase a circulación bidireccional no punto quilométrico 42.

Neste sentido, informa de que continúan as obras para a “reparación definitiva” da calzada, que está marcada con sinais horizontais en amarelo e conta con badenes.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...