A Asociación de Actores de Actrices de Galicia (AAAG) emitiu un comunicado no que transmitiu a súa renuncia a entregar xerras de Sargadelos aos gañadores dos premios de teatro María Casares tralo conflito laboral que estalou o pasado verán na fábrica de Cervo.
O colectivo basea a súa decisión, que racha con 22 anos de entrega de obras de Sargadelos como galardón nas 14 categorías dos premios, “na dirección que tomou o grupo empresarial nos últimos tempos, que aos nosos ollos desvirtúa o histórico proxecto promovido dende a súa orixe por Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane“.
A agrupación critica “a actitude completamente hostil por parte do administrador único do grupo Sargadelos cara á acción sindical do seu cadro de persoal”.
ENTREGARANSE EN MARZO
A gala da vixésimo terceira edición dos premios de teatro María Casares celebrarase o 21 de marzo no teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Podes acceder ao comunicado completo neste enlace.