Un décimo do Gordo cae no bar Colorado, do Valadouro

O maior premio do sorteo de Nadal foi para o 3.347 e vendeuse en máis de 20 municipios das catro provincias galegas

Bar El Colorado. GOOGLE MAPS

O 3.347, o ‘Gordo‘ do Sorteo de Nadal 2018, dotado con catro millóns de euros á serie, caeu moi repartido por toda España. En Galicia caeu en máis de 20 municipios.

O maior premio do sorteo caeu no Valadouro. En concreto, o bar Colorado, que conta con administración de lotaría, vendeu un décimo do número agraciado co premio Gordo. O comprador recibirá 400.000 euros.

O dono do local, Rubén Rubal, explica que “estamos nerviosos pero moi contentos” e sinala que o feito de que o Gordo estivese tan repartido pode deberse “a ser un número tan baixo, que en ocasións non gusta”.

Rubal lembra que non é a primeira vez que a administración de El Colorado reparte sorte. “Hai dous anos tocou un primeiro premio na Lotaría Nacional do xoves“, sinala.

NAS CATRO PROVINCIAS

O Gordo vendeuse nas catro provincias galegas. Na Coruña, o Gordo foi vendido en Santiago, Teo, Pontevea, Fene, A Coruña, O Pino, Outes, Cedeira e Baio.

Pola súa banda, foi vendido na provincia de Pontevedra, na Cidade do Lérez, Vigo, O Porriño, Bueu, A Estrada, Sanxenxo, Redondela e Poio. Así mesmo, caeu en Ourense cidade.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here