IniciosociedadeA Xerencia Sanitaria nega a fuga de profesionais no Hospital Público da...

A Xerencia Sanitaria nega a fuga de profesionais no Hospital Público da Mariña

A Xerencia da Área Sanitaria nega as afirmacións da CIG sobre fuga de profesionais e que se están a cubrir prazas vacantes logo da última OPE do SERGAS.

Publicada o

- Advertisement -

A xerencia da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte responde nun comunicado que o Hospital Público da Mariña non está padecendo unha “suposta fuga” de profesionais. Este comunicado emitiuse ao respecto da información facilitada por CIG-Saúde onde falan da diminución de profesionais no centro hospitalario.

A xerencia salienta que o Hospital da Mariña recibiu profesionais trala resolución da última Oferta Pública de Emprego do Sergas. Ademais, este mércores veñen de incorporarse un especialista en Medicina Preventiva e un especialista en Neuroloxía a este centro hospitalario e, hai uns días tamén se incorporou a este hospital un especialista en Cardioloxía, o que por sí só contradí as afirmacións de CIG-Saúde.

Ademais, recalcar que a Xunta de Galicia está a facer todo o posible para dotar aos hospitais comarcais de persoal. Por este motivo, o Sergas está a aplicar a Lei de medidas extraordinarias para a provisión de prazas de difícil cobertura que permitirá cubrir, sen necesidade de oposición, 20 prazas de diferentes especialidades no Hospital Público da Mariña, ademais doutras 7 en centros de saúde deste distrito sanitario, entre as que se inclúen médicos de familia (nos centros de saúde Burela, Vicedo e Viveiro) e pediatras (nos centros de saúde de Cervo, Mondoñedo e Viveiro).

As 20 prazas de especialistas que o Sergas convocará por concurso de médicos no Hospital da Mariña son: 4 prazas de medicina interna, 2 prazas de xinecoloxía, 2 prazas de pediatría, 2 prazas de medicina de urxencias; e cadansúa praza nas especialidades de alergoloxía, cardioloxía, cirurxía xeral e dixestiva, hematoloxía, nefroloxía, neuroloxía, psiquiatría, radiodiagnóstico, traumatoloxía e uroloxía.

E esta convocatoria de 27 prazas por concurso de méritos súmanse ás 7 xa adxudicadas tamén por concurso de méritos no distrito da Mariña, que permitiron dotar con persoal fixo sete prazas de médico de familia aos centros de saúde de Viveiro (3 prazas), Burela, San Cibrao, Foz e Ribadeo. Estas medidas buscan reforzar ainda máis a asistencia sanitaria no distrito sanitario da Mariña, donde, insistimos, non se tivo producido ningunha fuga de profesionais, senón que, pola contra, o Hospital da Mariña recibiu novos especialistas trala resolución da OPE.

Ademais, engadir que a área sanitaria de Lugo está a facer todo o posible e empregando todos os medios dispoñibles para cubrir as ausencias que se producen, tanto nos hospitais como nos centros de saúde, habida conta da carencia absoluta de profesionais nas listas de contratación aos que poder recurrir para cubrir permisos por vacacións, ausencias por incapacidade temporal. Ante isto, o departamento sanitario está a tomar todas as medidas ao seu alcance, dentro das súa competencias, paliar a falta de especialistas que sofre o Sistema Nacional de Saúde.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...