Máis de medio cento de alumnas de Burela coñecerán o traballo das axentes da Garda Civil

Un dos obxectivos é "fomentar novas vocacións na Garda Civil".

Xornadas en Burela sobre as mulleres na Garda Civil

A Casa da Cultura de Burela acollerá este martes un encontro organizado no marco do Plan Director para a mellora da seguridade dos Centros Educativos da Garda Civil, no que a institución trasladará a un grupo de alumnas a experiencia das axentes en diferentes ámbitos e especialidades.

Trátase dunha actividade de visibilización das mulleres na Garda Civil, á que está previsto que asistan 520 alumnas do IES Perdouro e Monte Castelo de Burela, e que será presentada pola subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez. Así, un dos obxectivos é “fomentar novas vocacións na Garda Civil“, e está dentro as actividades do Concello de Burela con motivo do 8M, Día Internacional da Muller Traballadora.

A xornada deste martes, que estará moderada pola sarxento Ana Isabel Celaya, ten por título ‘Ámbito rural, mulleres e Garda Civil, tres realidades con futuro’ e consiste nunha mesa redonda na que participarán seis especialistas da Benemérita. Estas axentes relatarán a súa experiencia profesional, e o papel das mulleres no Corpo, con apoio audiovisual nos diferentes relatorios.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here