IniciosociedadeAsociacións e colectivos de mulleres da Mariña fan un chamado para particiar...

Asociacións e colectivos de mulleres da Mariña fan un chamado para particiar na manifestación do 8M en Ribadeo

Entre as reivindicacións para o 8M figura pedir vidas libres de violencias machista e da masculinidade heteronormativa que agrede e asasina.

Publicada o

- Advertisement -

As diferentes asociacións e colectivos de mulleres e o Observatorio da Mariña pola Igualdade convidan a toda a veciñanza da comarca a participar na manifestación do 8 de marzo en Ribadeo, que terá a saída ás 20:00h. desde o aparcadoiro público situado cerca do IES Dionisio Gamallo. Nun comunicado sinalan que inundarán “as rúas de Ribadeo de feminismo porque é imprescindible e urxente. Non permitiremos que a desigualdade siga sendo a música de fondo nas nosas vidas”.

Entre as reivindicacións que manifestan os colectivos de mulleres figuran os seguintes:

– Vidas libres de violencias machistas, estamos fartas da cultura da violación que nos carga de culpa e da masculinidade heteronormativa que nos agrede e asasina.

– Dereitos sexuais e reprodutivos garantidos e un sistema de saúde con perspectiva de xénero e sen violencia obstétrica.

– Valoración social do noso ciclo de vida, desde a infancia ata a vellez.

– Dereitos para maternar con dignidade, ampliación e universalización dos permisos de nacemento.

– Vidas con autonomía económica, empregos, salarios e pensións equitativas e xustas.

– Vidas plenas, onde a diversidade dos corpos estea por riba das ditaduras estéticas.

– Vidas completas, onde a corresponsabilidade integral e real nos coidados sexa piar no desenvolvemento económico e social.

– Programas de coeducación, de acompañamento emocional e de desenvolvemento afectivo-sexual en todas as etapas educativas.

– Vilas e cidades inclusivas e sen barreiras desde unha perspectiva integral, que incorporen as necesidades do ámbito social, dos coidados así como de persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade.

– Un sistema xudicial que basee a súa actuación nos principios de seguridade e protección e no que a formación en xénero se incorpore de forma obrigada para garantir a correcta interpretación e aplicación da xustiza.

Alentamos a todas as mulleres a acudir á manifestación para encher as rúas de Ribadeo de reivindicacións feministas así mesmo, piden o respecto ao espazo non mixto de mulleres na cabeceira da manifestación xa que os homes que queiran apoiar a causa deben facelo desde un lugar secundario, nunca como protagonistas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...