IniciosociedadeA Ponte dos Santos ficou sete anos sen luz por un orzamento...

A Ponte dos Santos ficou sete anos sen luz por un orzamento de menos de 50.000 euros

O Goberno central inaugurou o alumeado, solicitado polos concellos de Ribadeo e Castropol sen que o Executivo de Rajoy atendese a petición

Publicada o

- Advertisement -

O Goberno central inaugurou o pasado venres o alumeado da Ponte dos Santos, que ficaba sen luz desde finais de 2011, cando o goberno local de Castropol se negou a asumir un gasto que entendía que correspondía ao Executivo central.

O novo alumeado instalouse tralo cambio de Goberno en Madrid e despois de que o Ministerio de Fomento asumira as peticións dos concellos de Castropol e Ribadeo de dotar de luz á insfraestrutura, que une Galicia e Asturias.

Así, Fomento formalizou un contrato por importe de 47.370,12 euros para realizar as reformas necesarias no cableado e instalar lámpadas LED.

A subdelegada do Goberno na provincia de Lugo, Isabel Rodríguez, lembrou que “coa inclusión da ponte no trazado da autovía A-8, no 2008, o gasto incrementouse e fixo que os concellos solicitaran ao Goberno que se fixese cargo do mantemento do alumeado”.

A delegada do Executivo central en Asturias, Delia Losa Carballido, destacou que a obra suporá “maior seguridade para os peóns”, xa que a Ponte dos Santos conta cun espazo habilitado para o tránsito a pé. De feito, é zona de paso do Camiño norte cara Santiago.

Os alcaldes de Ribadeo e Castropol, Fernando Suárez Barcia e José Ángel Pérez García, asistiron tamén ao acto de inauguración.

OBRAS EN SAN TIRSO

O Goberno anunciou a “próxima” licitación de obras para mellorar a seguridade vial na estrada N-640 ao seu paso por San Tirso de Abres.

Trátase da construción dunha glorieta que Fomento sacará a licitación cun orzamento de case 200.000 euros. O Goberno central espera que tamén se beneficie da actuación a veciñanza de Trabada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...