IniciosociedadeDenuncian que o servizo de pediatría en Barreiros só estará media hora...

Denuncian que o servizo de pediatría en Barreiros só estará media hora aberto este xoves

"Mentres Rueda afirma apostar polo sanidade pública a realidade é que precariza servizos básicos e potencia as relacións coa patronal da sanidade privada galega", denuncian desde CIG-Saúde.

Publicada o

- Advertisement -

A CIG-Saúde da Mariña esixe que se dea unha solución inmediata á demanda social existente, e xusta, en relación ao servizo de pediatría do Centro de Saúde de Barreiros en concreto, e na Mariña en xeral, xa que “non se está a dar a cobertura sanitaria axeitada”.

Este centro presta atención pediátrica tres días á semana de 12 a 15 horas, cun pediatra compartido con Lourenzá e Mondoñedo, pero “polo que puidemos saber, hoxe xoves, o servizo de pediatría só funcionará durante media hora, de 12.10 horas a 12.40 horas imposibilitando unha atención de calidade”, denuncian desde a central sindical.

Esta política de desmantelamento da Atención Primaria en xeral, pero con máis intensidade no rural, interfire moi negativamente no control que poida existir, especialmente en recen nados, pola importancia do seguimento en escasos días que debe realizarse”. Pero ademais, advirten, o feito de non haber pediatra implica colateralmente a “saturación doutros servizos” e, daquela “un mal funcionamento do Servizo Galego de Saúde”.Así, por exemplo, o déficit de pediatría en Barreiros acaba atinxindo a “outros servizos e lugares que, de seu, xa carecen dunha atención pediátrica especializada”. Este é o caso do PAC de Ribadeo, rematando finalmente no Hospital de Mariña, citan.

UN PROBLEMA CRÓNICO FROITO DAS POLÍTICAS NEOLIBERAIS DO PP

CIG-Saúde apunta tamén ao déficit que existe na atención pediátrica nos diversos centros de saúde da comarca. “Mentres Rueda afirma apostar polo sanidade pública a realidade é que precariza servizos básicos e potencia as relacións coa patronal da sanidade privada galega”, denuncian.

Lembran que “a xerente do Sergas é irmá do xerente da patronal galega da sanidade privada. Estrella López-Pardo Pardo e Manuel López-Pardo Pardo non só son irmáns. Unha é xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas) da Xunta. O outro é xerente da Asociación de Hospitais Galegos (Ahosgal), a patronal da sanidade privada galega. Sen esquecer que tamén no seu día Rueda tamén dixo estar de acordo ca xerente do Sergas que dixo que “non pode haber un pediatra en cada centro de saúde”.

OS DATOS

Segundo datos da Asociación Española de Pediatría en Atención Primaria (AEPap), no SERGAS hai até 7.674 crianzas sin profesional de pediatría asignado, o que supón, entre outras cuestións, que 14% das prazas estean ocupadas por médicos de familia e non por pediatras.

Segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE), os centros de saúde galegos contaban en 2004 con 405 pediatras; en 2021, con 318. Así, 192 concellos carecen de servizo de Pediatría, reducíndose o número de profesionais desta especialidade en 22,5% desde 2009, con 40% dos profesionais superando 55 anos e con 25% por riba de 60 anos.


A SAÚDE INFANTIL, UN DEREITO FUNDAMENTAL

Para CIG Saúde da Mariña “a saúde é un dereito fundamental que debe ser garantido e protexido independentemente do lugar onde vivan os nosos nenos e nenas, polo que esiximos unha sanidade digna e de proximidade na nosa comarca que garanta a atención pediátrica de todas as nenas e nenos da Mariña”. Nesta liña subliñan que este é “un dereito que defendemos no pasado, no presente e continuaremos defendendo no futuro”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...