InicioPolíticaCarmen Veiga repetirá como candidata do PSOE en Barreiros

Carmen Veiga repetirá como candidata do PSOE en Barreiros

A alcaldable socialista cre que é "un momento de responsabilidade e a xente pide cambio"

Publicada o

- Advertisement -

A actual voceira e secretaria do PSOE de Barreiros, Carmen Veiga, repetirá como candidata á alcaldía polo partido socialista tras ser elixida por aclamación pola militancia socialista.

Veiga, que traballa en Ribadeo como peón de limpeza, asegurou que “imos confeccionar un equipo que reflicta as inquedanzas de toda a socidade de Barreiros e faremos un proxecto no que primarán as persoas sobre os intereses partidistas”.

Estamos ante un momento de moita responsabilidade. Hai gañas de cambio e así nolo transmiten os veciños. Queremos que Barreiros volva estar onde merece e que se fale das nosas praias e da nosa xente”, explicou Veiga.

A candidata que tivo o respaldo na presentación da súa candidatura do secretario xeral dos socialistas en Lugo, Álvaro Santos; do Presidente da Deputación, Darío Campos; e da Deputada no Congreso, Pilar Cancela.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...