IniciosociedadeA Asociación Camiñantes e Camiños satisfeita coa participación na ruta e cocido...

A Asociación Camiñantes e Camiños satisfeita coa participación na ruta e cocido a Negueira de Muñiz

O presidente da asociación declarou que "o obxectivo era facer exercicio, fomentar a amizade e o compañeirismo ademais de coñecer pobos da provincia de Lugo”.

Publicada o

- Advertisement -

Éxito de participación no Domingo de Ruta e Cocido a Negueira de Muñiz, organizado pola asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros.

O presidente de Camiñantes e Camiños, José Manuel Gómez Puente, contou que “foi un día espectacular, primaveral onde disfrutamos dunha paisaxe natural e verde, que apesares de vela aquí na Mariña alí é moito máis accidental co río Navia rodeado de grandes montañas e vendo as aldeas tanto preto desa conca fluvial como na cima das montañas”.

Gómez Puente indicou que “foron 12 km de esforzo onde todos gozamos da paisaxe e da boa gastronomía de Negueira de Muñiz, cun bo cocido galego caseiro e un viño autóctono, que destaca polas calidades e cualidades das cepas de branca lexitima da bodega Madroño, da familia Braña. Gustaríame agradecer a Elena e José Maria Braña, veciños de Negueira de Muñiz, a súa hospitalidade”.

O presidente de Camiñantes e Camiños tamén tivo palabras de agradecemento para os participantes nesta actividade: “quero agradecer tamén a boa participación nesta xornada de ruta e gastronomía que fixemos en domingo, xa que sempre é un día máis familiar. O obxectivo era facer exercicio, fomentar a amizade e o compañeirismo ademais de coñecer pobos da provincia de Lugo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...