InicioEconomíaOs transportistas cesan indefinidamente a entrega de madeira a Ence

Os transportistas cesan indefinidamente a entrega de madeira a Ence

As fábricas de Navia e Pontevedra veranse afectadas polo paro, iniciado este luns para pedir unhas mellores condicións de seguridade

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma de Defensa do Transporte de Madeira iniciou este luns, 24 de decembro, un paro indefinido polo que deixarán de fornecer de material ás fábricas da papeleira Ence, no concello asturiano de Navia e en Pontevedra.

Os profesionais reclaman unha mellora nas condicións de seguridade, pois teñen problemas na descarga do material “cun alto índice de accidentes”, segundo indican os sindicatos.

A plataforma presentou unha solicitude con oito puntos á firma, e asegura que “se non se atenden as nosas reivindicacións, denunciaremos a Inspección de Traballo, tanto en Pontevedra coma en Asturias“.

Outra das medidas solicitadas polos transportistas é a actualización dos custes de transporte.

DESPEDIMENTO

Os traballadores tamén reivindican que se anule o despedimento de Javier Loureiro, o camioneiro que se enfrontou violentamente -mesmo a martelazos- con dous ciclistas durante o pasado mes de outubro.

Os transportistas cren que Loureiro padeceu medidas “arbitrarias e abusivas” por parte da empresa e que non tivo dereito a defenderse.

ENCE DI QUE AS INSTALACIÓNS “SON SEGURAS”

Pola súa banda, a empresa emitiu un comunicado no que califica de “inxustificable” o comportamento do camioneiro e no que argumentou que “a seguridade é unha prioridade na nosa xestión” e que “as nosas fábricas, tamén no tocante ás instalacións de entrega de mercancías, son seguras”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...