IniciosociedadeFoz lembrará a Ceferino Díaz no seu sexto cabodano

Foz lembrará a Ceferino Díaz no seu sexto cabodano

O dirixente socialista mantivo unha relación co municipio que durou varias décadas

Publicada o

- Advertisement -

A asociación Amigos de Ceferino e o PSdeG-PSOE de Foz celebrarán o vindeiro xoves, ás 16.00 horas, unha ofrenda floral na Punta do Cabo con motivo do sexto cabodano do dirixente socialista Ceferino Díaz.

Neste lugar, coñecido como Prado de Ramos, na contorna da praia da Rapadoira, foron esparcidas parte das cinzas do economista e político do Saviñao.

Díaz, de corrente galeguista, comezou a visitar Foz coa súa familia desde o ano 1986, e tanto a agrupación como o partido socialista focego resaltan que a súa presenza no goberno tripartito da Xunta de Galicia significou a consecución de varios proxectos para o municipio.

ACTO ABERTO

Os organizadores do acto convidan a asistir a quen desexe lembrar a figura de Díaz.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...