IniciosociedadeBurela renderá tributo a Benjamín González Quelle o 18 de xaneiro

Burela renderá tributo a Benjamín González Quelle o 18 de xaneiro

O Concello recoñecerá ao que fora cronista oficial do municipio nun acto con charlas, proxección de fotos e música

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela organiza para o venres 18 de xaneiro unha homenaxe a Benjamín González Quelle, quen fora párroco e cronista oficial do municipio.

A xornada de recoñecemento comezará ás 19.00 horas cunha misa, á que seguirá un acto no auditorio de Burela, previsto para as 20.00.

Ao longo do acto intervirán varias persoas cercanas a González Quelle, proxectaranse fotografías e haberá música clásica.

O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, convida a participar no acto. “Queremos que sexa partícipe todo o mundo, porque esta persoa ten un mérito que é preciso recoñecer. Trataremos de facelo o mellor posible”, asegurou.

BIOGRAFÍA

Natural de Viveiro, González Quelle faleceu en Mondoñedo no pasado mes de maio, aos poucos días de cumprir os 91 anos.

O sacerdote exerceu desde 1959 ata a súa xubilación en Burela, onde tamén foi profesor de relixión.

González Quelle escribiu varios libros: ‘Cuaderno de bitácora‘, ‘Fuego de San Telmo‘ e ‘Desahogos del cronista‘.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...