IniciosociedadeFinalizan as obras das vías que unen Barreiros e Ribado por Vilamartín...

Finalizan as obras das vías que unen Barreiros e Ribado por Vilamartín e Remourelle

A boa relación entre estes dous concellos permitiu levar a cabo esta obra de xeito coordinado e que o firme quede o máis homoxéneo posible.

Publicada o

- Advertisement -

Os gobernos municipais de Barreiros e Ribadeo, encabezados pola a alcaldesa e o alcalde respectivamente, revisaron na mañá de onte as obras levadas a cabo nun viario que une ambos concellos ao paso polas parroquias de Vilamartín Pequeno e Arante, concretamente por Remourelle.

Ana Ermida manifestou a “súa satisfacción por poder levar a cabo este tipo de proxectos coordinadamente que contribúen a beneficiar á veciñanza de ambos concellos” no encontro que mantivo na mañá de onte co alcalde de Ribadeo, cando percorreron os máis de dous quilómetros de aglomerado en quente co que foi reposto o firme do viario.

A mandataria sinalou a importancia da colaboración interadministrativa e de fomentar as relacións entre concellos veciños, xa que “permite un mellor uso dos recursos públicos, que son utilizados dun xeito máis eficiente e, polo tanto, con maior aproveitamento para a totalidade da veciñanza.”

A boa relación entre estes dous concellos permitiu levar a cabo esta obra de xeito coordinado e que o firme quede o máis homoxéneo posible. Neste sentido, puxeron en valor a capacidade de entendemento no día a día que se dá nos últimos anos entre ambos municipios, o que permitiu non só esta actuación, senón o desenvolvemento de accións conxuntas, como os obradoiros de emprego; que contribúen a crear sinerxias e permiten maiores e mellores servizos para a poboación.

Ermida e Suárez agradecéronse mutuamente a capacidade de chegar a este tipo de acordos e manifestaron a intención de continuar con actuacións conxuntas que melloran a vida das veciñas e veciños dos seus concellos.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...