Unha ourolesa é a nova directora provincial do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). Trátase de Estefanía Pita Martínez, de 35 anos e natural de Merille.
Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña, é funcionaria do Corpo Superior da Inspección de Traballo e Seguridade Social. Ata ser nomeada como responsable do SEPE na provincia de Lugo exercía como inspectora de traballo no País Vasco. Con anterioridade desempeñara o posto de inspectora de traballo en Las Palmas.
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, mantivo este xoves unha primeira reunión de traballo con Pita Martínez, que tomou posesión do seu cargo o pasado 12 de decembro.
A TAXA DE PARO É DO 8,34%
O SEPE xestiona as prestacións que perciben 9.281 lucenses, con datos ao peche do mes de novembro. A taxa de paro na provincia é do 8,34%, segundo datos do terceiro trimestre do ano.