IniciosociedadeUnha ourolesa é a nova directora do Servizo Público de Emprego Estatal...

Unha ourolesa é a nova directora do Servizo Público de Emprego Estatal en Lugo

Estefanía Pita, de 35 anos e natural de Merille, tomou posesión do cargo o pasado 12 de decembro

Publicada o

- Advertisement -

Unha ourolesa é a nova directora provincial do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). Trátase de Estefanía Pita Martínez, de 35 anos e natural de Merille.

Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña, é funcionaria do Corpo Superior da Inspección de Traballo e Seguridade Social. Ata ser nomeada como responsable do SEPE na provincia de Lugo exercía como inspectora de traballo no País Vasco. Con anterioridade desempeñara o posto de inspectora de traballo en Las Palmas.

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, mantivo este xoves unha primeira reunión de traballo con Pita Martínez, que tomou posesión do seu cargo o pasado 12 de decembro.

A TAXA DE PARO É DO 8,34%

O SEPE xestiona as prestacións que perciben 9.281 lucenses, con datos ao peche do mes de novembro. A taxa de paro na provincia é do 8,34%, segundo datos do terceiro trimestre do ano.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...