O delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, trasladou todo o “apoio” aos familiares das vítimas do accidente de Xove no que faleceron catro novos e outro resultou ferido.
Fíxoo ao ratificar, a preguntas dos xornalistas, que o condutor do vehículo sinistrado deu positivo en consumo de alcol nas probas practicadas.
A semana pasada, o Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro, en funcións de garda, abriu dilixencias de sobre o sinistro e autorizou a remisión de mostras de sangue a un laboratorio. “Todo o noso apoio e axuda”, dixo Besteiro en referencia ás familias e ante a “situación dolorosísima” pola que están a pasar.
O MOZO SEGUE NA UCI
Por outra banda, o condutor do vehículo sinistrado permanece en estado grave na UCI do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo, tal e como confirmaron este xoves fontes sanitarias consultadas por Europa Press.