IniciosociedadeO BNG impugna as bases para contratar un dinamizador cultural en Mondoñedo

O BNG impugna as bases para contratar un dinamizador cultural en Mondoñedo

Solicita ao Concello que abra o proceso de selección a varias titulacións acordes coa praza

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Mondoñedo presentou un recurso de reposición contra as bases e convocatoria do proceso de selección para a cobertura, en rexime de funcionario interino, dunha praza de dinamizador cultural e de turismo para o municipio.

O grupo municipal nacionalista entende que, segundo a descrición detallada das tarefas de dinamizador cultural e de turismo vixente na RPT do Concello, estas funcións non son exclusivas para aspirantes coa titulación de Historia.

Os nacionalistas consideran que tamén poden desenvolver estas tarefas persoas con preparación específica no ámbito da cultura e do turismo, concretamente no grao en Turismo ou equivalente.

Para o voceiro do BNG no concello de Mondoñedo, Eloi Cabanas, “se queremos contar coas persoas mellor preparadas para desenvolver as funcións recoñecidas na RPT, o normal sería abrir o abano a máis titulacións acordes coa praza”.

MÁIS ASPIRANTES

Cabanas espera que se admita o recurso de reposición contra as bases da convocatoria para que máis aspirantes se podan presentar e se cumpran así os principios de igualdade, mérito e capacidade no acceso á función pública.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...