O BNG de Viveiro asegura que este xoves faltaron na quenda de mañá tres dos sete médicos que atenden no centro de saúde.
Os nacionalistas afirman que estes facultativos non foron substituídos polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).
O grupo municipal do BNG esixe a cobertura de todas as ausencias no ambulatorio viveirense e afirma que as consecuencias de que non se substitúa ao persoal son “a sobrecarga asistencial e o deterioro da atención aos pacientes, ademais do esgotamento dos profesionais”.
“EMERXENCIA” EN ATENCIÓN PRIMARIA
Os nacionalistas engloban esta situación no “estado de emerxencia que vive Atención Primaria“.
“É preciso ofrecer contratos estables a máis médicos e garantir un servizo básico de calidade e proximidade”, espuxeron os nacionalistas, que aseguran que o PP pretende converter Atención Primaria “nun privilexio“.