IniciosociedadeO SERGAS defende a súa actuación no Hospital da Costa ante “as...

O SERGAS defende a súa actuación no Hospital da Costa ante “as críticas” sobre a falta de profesionais

A EOXI Lugo-A Mariña-Monforte sinala que se están investindo recursos e diñeiro “intentando achegar o maior número de especialidades”.

Publicada o

- Advertisement -

A EOXI de Lugo responde ás novas críticas realizadas este venres pola CIG-Saúde da Mariña, apuntando ao “noso firme compromiso coa sanidade pública do distrito sanitario da Mariña, e neste caso, co Hospital Público”. Así mesmo, a EOXI “fai todo o posible por prestar a mellor atención aos cidadáns e intentando achegar o maior número posible de especialidades a este centro”. Como exemplo disto, sinalan a posta en marcha de oncohematoloxía e doutras especialidades que aumentaron a carteira de servizos deste hospital. A isto suman a ampliación do Hospital, que aínda continúa, e que “non só aumentará o espazo dispoñible, senón que tamén permitirá mellorar servizos como o de Radiodiagnóstico, dotando ao Hospital da Mariña dunha resonancia magnética nuclear fixa”.

A EOXI aputna que a CIG debería saber que nestes momentos a falta de especialistas para realizar substitucións e cubrir todas as ausencias nos distintos centros sanitarios, “é unha realidade que afecta, non só á Mariña, senón a todo o estado español”. Este ausencia de especialistas para realizar substitucións afecta en maior medida a hospitais comarcais e tamén a determinadas especialidades, entre elas, Medicina Interna. Malia iso, a EOXIS sinala que “estamos absolutamente dedicados a prestar a maior e mellor atención posible aos habitantes do distrito sanitario da Mariña, empregando todos os recursos asistenciais da sanidade pública que den resposta inmediata ás necesidades de cada paciente”.

DERIVACIÓNS A CENTROS PRIVADOS

Sobre a derivación dalgúns pacientes pendentes de cita no Servicio de Rehabilitación do Hospital Público da Mariña ao hospital Polusa, desde a EOXI indican que o Sergas ten asinado un concerto con dito centro sanitario. Esta situación ademais, afecta a pacientes crónicos pendentes de ser vistos no hospital público de Burela. Dita prestación asistencial “ofértaselle ao paciente coa fin de axilizar a resolución clínica e asistencial do seu proceso” e, deste xeito, “prestarlle unha asistencia sanitaria máis rápida, sempre, insistimos, como alternativa asistencial e co seu consentimento”.

Unha vez realizada a consulta, se o facultativo indica a necesidade de acudir a fisioterapia, esta préstase en Burela, e non no Polusa. A EOXI tamén destaca que “non foron máis de 200 os pacientes derivados, senón en concreto 170 dende o pasado mes de novembro e, insistimos, coa única finalidade de prestarlle unha asistencia máis rápida”.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...