IniciosociedadeAcisa Ribadeo remata o 2018 con 15 socios máis ca o ano...

Acisa Ribadeo remata o 2018 con 15 socios máis ca o ano pasado

O colectivo de comerciantes calcula que tivo un impacto económico "de dez millóns"

Publicada o

- Advertisement -

Acisa Ribadeo fixo balance de 2018, un ano no que gañou 15 socios, para un total de 160 asociados que compoñen a agrupación de comerciantes.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “neste ano tivemos 30 altas, o maior número desde hai cinco anos. Ademais rexistramos 15 baixas, das que dez foron por peche. Calculamos que xeramos un impacto na economía local estimada en arredor de dez millóns de euros en todo o ano”, explicou.

No tocante ás actividades realizadas, realizou máis de 35 iniciativas de dinamización comercial e hostaleira durante 2018, ademais de colaborar en 15 eventos culturais, deportivos e turísticos, entre outros. Tamén repartiu máis de 8.500 euros en vales de compra.

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, lembrou que ademais das habituais campañas publicitarias e de dinamización comercial, “fixemos o primeiro desfile de charangas” e indicou que “realizamos eventos en zonas onde non se facían, como por exemplo en Rinlo. Dinamizamos deste xeito o 90% das zonas de Ribadeo”.

Pérez precisou que a Acisa “colaborou gustosamente con máis de dez asociacións ademais de coa Semana Santa, o Ribadeo FC e o Club Náutico, entre outros”.

TRINTA ANIVERSARIO

O 2019 será un ano especial, o do 30 aniversario. “Xa traballamos na programación. Comezamos a conmemorar co cambio do logotipo para este ano e que se celebrará coa cena anual da gala que terá un carácter máis especial. Será aló polo mes de febreiro”, espuxo Pérez.

Mentres tanto, continúa a campaña de Nadal.

ÚLTIMAS

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo? Consiste en facer “batallas...

Burela renovará o saneamento da rúa Portelo e da zona de Ril

O Concello de Burela renovará con dúas obras os servizos e a accesibilidade da...