IniciosociedadeOPP e Absa doarán 600 racións de pescada do pincho a oito...

OPP e Absa doarán 600 racións de pescada do pincho a oito residencias da Mariña

Centros de Foz, Mondoñedo, O Valadouro, Viveiro, Xove, A Pontenova e Ribadeo beneficiaranse da acción social

Publicada o

- Advertisement -

A Organización de Produtores Pesqueiros (OPP) de Lugo e Armadores de Burela, S. A. (Absa), doarán 600 racións de pescada do pincho de Burela entre oito residencias da terceira idade do norte da provincia para celebrar o Aninovo.

Xeriátricos, apartamentos tutelados e vivendas comunitarias de Burela, Foz, Mondoñedo, O Valadouro, Viveiro, Xove, A Pontenova e Ribadeo beneficiaranse desta acción social.

OPP Lugo e Absa entregarán a pescada entre o sábado 29 e o luns 31 de decembro, para que a degustación do peixe sexa o máis fresca posible. Repartirán, segundo a demanda de cada centro, pezas enteiras ou cortadas en lombos ou filetes.

CAMPAÑA DE PROMOCIÓN

Esta iniciativa, na que colabora a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, englóbase na campaña de promoción ‘Pescada de Burela no Nadal‘, que OPP e Absa poñen en marcha para incentivar o consumo deste produto.

Un calendario-recetario con creacións de cociñeiros do Grupo Nove e a presenza activa en redes sociais iniciaron a campaña.

ESPECIE LÍDER NA LONXA

O xerente da OPP Lugo, Sergio López, explica que a pescada do pincho de Burela “é a principal especie comercializada en lonxa, tanto en descargas como en ventas, e decidimos donar unha partida desta principal pesquería para que os nosos maiores a podan saborear”.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro; o xefe territorial da Consellería do Mar, Pablo Fernández; o presidente e mailo xerente de Absa, Abelardo Basanta e Miguel Neira; e Juan José Otero, presidente da OPP, presentaron xunto con López a iniciativa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...