IniciosociedadeO BNG de Foz pide reabrir a biblioteca en horario de tarde

O BNG de Foz pide reabrir a biblioteca en horario de tarde

Os nacionalistas din que estudantes e traballadores "levan meses" sen poder usar o servizo

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Foz presentará unha moción no pleno para que o goberno local abra a biblioteca municipal Salgado Toimil tamén en horario de tarde.

Segundo explican os nacionalistas, a biblioteca leva pechada nese horario “durante meses” pola baixa médica da bibliotecaria.

Así, os nacionalistas critican que o goberno local “obvie durante meses esta circunstancia e mire para outro lado, agardando que o problema se solucione só”.

QUEIXAS

O grupo municipal do BNG asegura que se fai eco “das queixas de varios veciños, que reclamaron a súa posta en funcionamento normal”.

Estudantes, traballadores e demais usuarios “non poden consultar documentación, ler ou facer uso dos ordenadores, xa que o seu horario impídelles acudir polas mañás”, lembran desde o BNG local.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...